Felices 19, rubia

Pediches máis domingos de blog, e mañá é o domingo dos teus 19 e doutra primavera que se suma. (Fago a excepción de escribir en galego porque penso que a ocasión o merece.)
Se penso en Lara o primeiro que me vén á cabeza é que Afganistán é a capital de Turquía, é inevitable, ela conseguiu cambiar a orde de países e capitais un deses venres de cantón e Velvet e nunca máis volvería escoitar falar de capitais sen recordalo. Se falan de Lara pode ser polo #positivismoconLara, ou #LaraIndignada e #LaraEnfurecida, pode ser porque fai rir cando se aburre, ou pode ser porque agora mesmo leva 10 minutos emocionada e falando de tartas por Nenis. En serio, non sabedes o que é Lara neste momento. E cando digo "neste momento", digo "nestes 19 anos" e ese agobio que lle entra porque non ten tempo a nada na vida.
Xa van uns anos desde que empezamos esta viaxe por Doniños, Armas, EnPanes e demais, e pouco a pouco imos ampliando os nosos destinos, en cidades rivais pero tan unidas unhas coas outras coma sempre. Quen di Coruña e Vigo, di un sábado de portas abertas no 2ºA.
Porque é esa persoa capaz de dicir nunha mesma frase que nos bota de menos e "sucias perras" e quedar tan tranquila. É unha desas persoas que me anima a seguir escribindo. Lara é quen ten unha dúbida nunha palabra, en dez, e en cen, e pregúntame coma se eu soubese tódalas palabras deste mundo. E a tía confía cegamente, iso é o que me sorprende (para ben). É esa persoa que me presenta a un pesado de Ares dicindo que "é a lista do grupo, sabe moito inglés". Lara é graciosa ata cando está indignada e critica a alguén e mesmo cando se perde nunha conversación porque non entende nada e non para ata que o explicamos as veces que faga falta.
E podería seguir así horas, pero voume do tema. Felices 19 á administradora orixinal de Nenis, á creadora de tantos momentos inolvidables e á única rubia que conta chistes de rubias tontas.
QUÉROTE MOITO E MOI FORTE.

PD: confío nela cegamente, pero iso si, sempre que non sexa dentro dun coche e estea ela ao volante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Las decepciones son al alma, lo que las tormentas al aire"

2023-End of youth

Verano, al fin y al cabo